Cinema crebeiro: Os señores do vento (2008)
Publicado: 13 de Xullo, 2009 | En: Cinema crebeiro | Sen comentarios »A arte dos crebeiros consiste en aproveitar todas as posibilidades creativas que poden dar de si os refugallos do mar. A actividade creativa máis importante do concello da Guarda na última década está realizada por un grupo de homes maiores. Eles son “os señores do vento”, os responsábeis dunha instalación na que se combina a intervención na paisaxe (como se fora unha obra de Land Art) e a arte cinética. Para iso aproveitan botellas de lixivia de plástico, moitas delas apañadas nas praias. Así se recolle neste estupendo documental de creación realizado por Xurxo González.
Os señores do vento. Xurxo González, 2008.
Deixa un comentario